As novas da Zona Wifi (Vol. 8)

...despértame cando remate setembro...

Como esta canción está moi manida, vou facer referencia a outra que describe perfectamente o mes en curso

entras sin llamar, non te esperaba y el azar,
coma unha trampa, te tendió en mi camino

Sen buscala en Google, se sabes cal é o título da canción, ou polo menos o grupo que a interpreta, terás o meu profundo respecto. Imos aló coa tecnoloxía e as outras cousas que me inquedaron esta semana.

Como saber en tempo real o cousmo eléctrico para aforrar na factura. Eu emprego dende o inicio do “percal eléctrico” esta webapp que me resulta especialmente útil para programar a lavadora.

Despois dos tres anos que esixirá España para as garantías (estou á espera do 2022 para mudar algúns trebellos, principalmente por isto) Alemaña solicitará actualizacións que duren 7 anos nos móbiles. Se dan soporte para mudar pezas, recambios, parches de seguridade… xa me dou cun canto nos dentes.

Algoritmos, que guais son ata que rexeitan sistemáticamente a candidatos válidos. Interesante peza aquí, aínda que xa hai tempo que se denuncia, por exemplo en Linkedin con cargos directivos que non se amosan a mulleres.

Falando de mulleres (autobombo), esta semana publicáronnos a Teresa Piñeiro e a min un artigo académico que afonda no discurso de odio contra as mulleres en Twitter. O artigo está pechado. Fago un patreon para acadar os 890€+Ive da apertura? Ou pedídesmo por privado e xa está.

Que en internet nada é privado xa o sabíamos. Que sexa un servizo de correo como protonmail o que entrega datos que facilitan a detención dun activista francés, é novidade. Estaba pensando en pasarme a prtotonmail. Nunca máis.

Os mandamaises cren que igual o dos avisos de cookies tampouco é moi axeitado. Non sen tempo.

Un tipo programou un bot que converteu o cebuano na segunda lingua con máis artigos da Wikipedia. 10 millóns de artigos, leva. Paréceme de chiste, que calidade van a ter os artigos? Tampouco esperedes cousas sisudas, automatiza a creación de artigos sobre topónimos e accidentes xeográficos.

Cousas da publicidade

Volve Matrix, e faino cun teaser que muda en función de certos parámetros, ou o que é o mesmo, os usuarios non sempre ven o mesmo teaser. Aínda non vin o trailer, pero é porque sigo emocionadísimo con que regrese Dr. Octopus ao universo de Spiderman!!!

E falando sobre sesgos publicitarios e emprego (que acaía mellor na sección anterior) pois semella que a Facebook tamén lle caen paus por aquí, e que as súas ofertas de emprego son sesgadas (na segmentación, isto é, a quen lle aparecen os anuncios). Anuncios de empregos de enfermería? Pois que lle aparezan a mulleres? E de mecánica? A homes. E así.

Mundo Apple

Esta semana que entra preséntase o novo iPhone e os novos airpods. Xa están as novidades, agora o “retromac”, que é o que me presta máis.

Agora que xa non teño ordenador na casa, conéctome en remoto ao do choio a través do ipad. Trateino xa hai un ano no meu podcast (a Zona Wifi orixinal), e cada día lle vexo máis vantaxes. Non serve para todas as situacións, pero cubre prefectamente o 80% das miñas rutinas.

Falando de retromac, as renovacións de equipos de Apple son o momento perfecto para achegarse ao seu ecosistema de trebellos. A final de ano será o mellor momento para achegarse ao mellor teléfono (calidade-prezo) coma o iphone XR, ou o mellor portátil (macbook air m1).

Caixón de-sastre

Plaxios en traballos académicos e falsificación de documentos, castigado coa expulsión da Universidade. Tamén é casualidade ler esta peza e ter, na mesma semana, unha experiencia desagradable vinculada ao plaxio.

Falta moi grave “alterar, falsificar, sustraer o destruir documentos académicos o utilizar documentos falsos ante la universidad, así como suplantar un miebro de la comunidad universitaria”. Creo que isto vai para os de dentro, non para os que veñen de paso pola Universidade. Aí queda.

E para despedir, esta peza que me encantou: Las obsesiones y las compulsiones afectaban mi matrimonio. Unha historia máis común do que podería parecer, e con final feliz.

Que teñades un feliz domingo e unha semana tranquila (se pode ser así en setembro).