A newsletter de Xabier Rolán

Share this post
As novas da Zona Wifi (vol. 35)
xabierrolan.substack.com

As novas da Zona Wifi (vol. 35)

Monotema: Apple

Xabier Rolán
Jun 12
1
Share this post
As novas da Zona Wifi (vol. 35)
xabierrolan.substack.com

Xa pasaron uns días dende a presentación do luns, pero para min segue a ser o monotema tecnolóxico da semana: “a de cal e area” que trouxo Apple. O que me alucina desta empresa é que é capaz do mellor e do peor na mesma presentación. En realidade é que evoluciona de forma diferente ás nosas espectativas, e iso agrada e disgusta a partes iguais. Aquí vai unha síntese do que me gustou e disgustou

Hardware. Novos vellos equipos

👍Renovación do macbook air, 50gr. máis lixeiro, mellores materiais de construción e un novo procesador, M2, que é un pouco máis rápido có M1.

👎Na miña opinión, unha renovación necesaria, pero que se escapa de prezo: 1519€ de partida en España.

👍Tamén renovaron o macbook pro de 13’. outro procesador na mesma carcasa e mesmo todo…

👎👎👎…pero o que me disgustou do asunto é que o macbook air con procesador M1… encareceu!!!! Agora o prezo base son 1219€ (antes eran 1129€).

Software. Novos sistemas operativos

MacOs Ventura: 👍 A aplicación de correo agora permite desfacer envíos (creo que ata 10 segundos despois de darlle a enviar) e programalos. Algo que xa hai tempo que viña facendo con Spark, pero benvida sexa!

iOs: personalización da pantalla de inicio, bibliotecas compartidas e algunhas cousas máis que me aportan cero interese.

IpadOs: o mesmo que o anterior e ademais… 👍👍👍VENTÁS FLOTANTES. Algo que demandabamos dende hai anos.

👎👎PERO so para iPads con procesador M1. Esto paréceme gravísimo, porque o procesador que serve de base aos sistemas baseados en M1 é o A12z, que montan todos os iPad pro dende 2018. Explícano ben aquí. Está claro que queren facer desta funcionalidade o motivo de incremento de ventas deste trebello.

O que non é Apple esta semana

SEXISMO. Chineses plaxian o mítico Beetle de VW e fan versións de home e de muller. Que ten a de muller? cámara selfie, modo de conducción feminina, cámara para os nenos que van atrás, compartimento para maquillaxe… aquí explícano de forma máis detallada, vaia xoia!

SPOTIFY E ALGORITMOS. Esta ferramenta promete amosar cómo funciona o algoritmo de recomendación de Spotify. Na miña opinión, o mellor, pero claro, so podo comparalo con Amazon Music e Apple Music.

PODCAST. Amador e un servidor falan sobre deseño e usabilidade, do lado do ben, e do lado do mal. Outro WiTip memorable (coma todos!)

VELLINFLUENCERS. Unha peza que recolle a boa vida da terceira idade na súa aproximación á creación de contidos con TikTok.

APPs INTERESANTES. Esta semana descubrín PHOTOPEA, algo así como un photoshop versión online. Aquí unha experiencia de uso a través da que cheguei á ferramenta.

Apoia o que fago

É moi simple: se che interesan as apps de SetApp (usuarios de mac) e queres suscribirte, faino dende o meu link de afiliados, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

Se che interesa alugar tecnoloxía, faino dende o meu link de afiliados en Grover, e teremos un mes gratis ti e máis eu.

E se che sobran os cartos, aquí a miña conta de paypal. Todo o que entra é para trebellos ou software, prometido!

E se non che interesa ningunha destas cousas, pois non pasa nada. Sigue disfrutando do teu domingo. Alegrarame saber que algo do que compartín foi de interese para ti.

Share this post
As novas da Zona Wifi (vol. 35)
xabierrolan.substack.com
TopNew

No posts

Ready for more?

© 2022 Xabier Rolán
Privacy ∙ Terms ∙ Collection notice
Publish on Substack Get the app
Substack is the home for great writing