…a semana pasada “rompín”. Non foi falta de disciplina. Intentei armar a newsletter ata o sábado pola noite, pero non fun capaz de sacar tempo, nin sequera das horas de soño, a pesares de que últimamente durmo moi mal. Así que comezo por aquí, por consellos para durmir mellor.
GUERRA EN UCRANIA. Como estarás ata o bolo de escoitar sobre a guerra, aquí vai unha nota positiva e tecnolóxica, o servizo “Ukraine Take Shelter” que é un airbnb para acoller a refuxiados.
En xeral, a parte tecnolóxica do proceso bélico en marcha está a resultarme moi interesante, e gustoume moito esta peza sobre a figura do viceprimeiro ministro ucraniano, Fedorov, que está moi ligado á tecnoloxía e, sobre todo, á industria do billete de Sillicon Valley.
Rusia, pola súa banda, xa tantea a desconexión á internet global. Non é nada novo, é algo do que xa se falou en moitas ocasións, e mesmo probaron ensaios de desconexión con éxito. A “RuNet” será unha realidade máis pronto que tarde, e seguindo un pouco a estela chinesa. Mentres tanto, os hackers rusos andan con estas parvadas.
E xa para rematar, moi mal o discurso de odio e as diferentes varas de medir na rede por parte das redes sociais (META!!!!!), permitindo os mensaxes de odio cara aos rusos. Non hai por onde xustificar esta decisión.
ÚTILES. Esta ferramenta para convertir arquivos en diferentes formatos, que serve para calquera roto ou descosido!
Academiña
Ollo a estas dúas investigacións:
As vacas que poden andar vailles mellor. Non o digo eu, dío un estudo que as trackeou. Como unha fitbit para vacas, si. E demostrou o que xa sabíamos, que mellor en liberdade que en cubículos.
O confinamento foi malfatal para os nenos e nenas de menos de 8 anos. O confinamento foi terrible dende o punto de vista dos resultados educativos. E máis aínda nas familias máis humildes.
Mundo Apple
Se che vai mal a wifi do mac, proba isto.
Por certo, actualiza todos os trebellos, xa está entre nós “universal control” e si, era tan bo como se prometeu, e como probamos nas betas.
Caixón de-sastre.
Lin esta semana sobre as empresas con vacacións ilimitadas, e a súa trampa: tes que collelas coordinándote co resto, e polo de “arrimar o ombreiro” acabas palmando días de vacacións. Vaia trampa!
Poñendo a vista en Marte, interesoume esta nova sobre como producir osíxeno nese planeta, en tanto levalo dende aquí é un pouco caro.
E ata aquí. Feliz domingo. Sae á rúa, dálle unha aperta forte a quen comparte a vida contigo.