A semana pasada, xusto despois de enviar o boletín, lin esta entrevista que me parece do mellorciño da semana. Cal Newport, dende o ciberpesimismo, alega que os móbiles deberían estar prohibidos ata os 16 ou 18 anos. Non teño moi claro se esta afirmación está ben fundada ou é froito da súa experiencia persoal: somo case quintos, e esa foi a idade na que que eu tamén me fixen co primeiro teléfono móbil.
Non somos aínda moi conscientes da capacidade de apropiación tecnolóxica e do forte impacto que tivo o teléfono móbil (non smartphone) para penetrar no mercado entre os anos 1998 e 2001.
Sobre o debate da idade na que unha persoa debe ter teléfono móbil hai moito escrito, e tampouco teño unha posición clara ao respecto. Creo que é unha cuestión de alfabetización dixital, pero o “cando” tampouco o teño claro. Sei que o “cando” debe ser posterior ao ordenador persoal, pero o momento vital non o teño claro, son moitos factores os que afectan. Entre eles hai un que, como adultos, xa adoitamos menosprezar, e que tamén resulta extremadamente complexo e influenciador entre nós: o grupo de pares.
Teño ganas de ler o libro de Cal Newport, “céntrate”.
INTELIXENCIA ARTIFICIAL. Dende My Heritage acaban de facer que “os antepasados falen” con intelxencia artificial. Máis aló do “creapy” que pode resultar ou non, esta nova interésame porque nun moi curto período de tempo volvín a ler sobre un concepto que me parece incrible, o “val inquietante” (do inglés “uncanny valley”, e que fai referencia ao grao de rexeite deste tipo de personaxes recreados por ordenador canto máis realistas son. Ao parecer, se o humanoide é moi, moi, moi real, hai algo que nos resulta desconcertante.
“Inquietante”, que diría o outro!
APPS. Genbeta recolle 11 aplicacións útiles para windows que envelleceron moi ben. Mención especial para WINSCP, que será o que recomende este ano nas aulas para acceder vía FTP aos servidores web.
CRIPTO. Se che interesa o mundo das criptomoedas e a actualidade, esta edición da newsletter “carbonoes” resultarache moi útil.
Mundo Apple
Estes “truquiños” para sacarlle máis partido a un iPhone. Había algún que non coñecía (o de Siri). En xeral, a Siri so lle pido operacións matemáticas que me dá pareza facer.
Non é necesariamente Apple, pero serve como excusa. Este artigo repasa algunhas das mellores pantallas portátiles. Hai oco para aqueles que teñen pouco espazo e non precisan un monitor de 27 polgadas.
Audiocousas
Non é necesariamente unha audiocousa (podería estar no punto anterior), pero no meu podcast falo da que considero é o mellor segundo monitor para o meu macbook: o iPad.
Aproveito este pequeno oco para falar das bondades un software tan útil como pouco agraciado no estético: Audacity. Con estes consellos para mellorar a voz ao cantar ou falar podes subir a nivel semi PRO nas túas producións.
Academiña
Aproveitando esta canle (que para iso é miña) e esta semana (8M), o artigo que publicamos Teresa Piñeiro e máis a finais de 2021 sobre discurso de odio e mulleres “Say it to my face: Analysing hate speech against women on Twitter” está en aberto e en inglés.
Caixón de-sastre
Este titorial para construír un clon de wordle en javascript é xenial! Supón unha práctica moi útil e, sobre todo, actual.
Un curso para aprender chinés en liña? Pois si, por que non! E de balde. Eu agora mesmo ando algo “liado” coa aprendizaxe doutro idioma totalmente diferente, pero non estaría nada mal prestarlle algo de atención a China, que para algo é a primeira potencia mundial de facto.
Feliz domingo, amigas!