Para min é a nova da semana: e ten que ver coa prostitución dixital. O primeiro grande estudo que aborda a prostitución en internet a través de plataformas dixitais, e cómo a imaxe do club de alterne das aforas está a mudar por unha prostitución invisible, ubicada no centro das cidades. A gran consecuencia, para min está nesta afirmación: “Estos cambios geográficos que permiten una mayor discreción han hecho que en las encuestas la prostitución se perciba menos como algo malo porque deja de verse”.
WIFI. Como facer que o WIFI da casa se apague de forma automática nas horas que escollas. Paréceme moi útil con nenos na casa, aínda co risco de entorpecer a actividade da túa casa domotizada
PRODUTIVIDADE. Dende Genbeta, algúns trucos para non ter tantas lapelas abertas nos navegadores. Eu emprego moito as coleccións de Edge. Antes empregaba OneTab, pero ao final o que tiña é unha morea de lapelas sen organizar…
GOOGLE (merece apartado propio, vaia cantidade cousas que lin esta semana). E se Google como buscador estivese a esmorecer? Interesante lectura en DKB, cunha estupenda conversa pública en Reddit. Dende logo, eu tamén creo que iso de escribir para humanos perdeuse a prol do “escribir para robots”. Moitos anuncios, moitas webs hiperoptimizadas… e uns resultados de búsqueda mediocres. Non sei que tal lle irán as castañas a Neeva, ese buscador de pago.
Se tes un ordenador vello que non sabes que facer con el, Google promete darlle unha segunda vida co seu sistema operativo, Chrome OS Flex. Prometen instalación sinxela e un equipo que funcionará con requerimentos técnicos moi, moi modestos.
A táboa periódica de Google coas súas Google-movidas é curiosa, e unha mostra do xigante tecnolóxico que é (fixádevos ata onde mete as zoupas). Faime reflexionar no marabilloso enxeño que foi o invento da táboa periódica. Unha mostra incrible de organización. Sabías que Mendeléyev “soñou” a táboa que lle permitiría encaixar a todos os elementos?
Cando o ves en Aliexpress (Google), e cando chega a casa. Iso acontece coa súa intelixencia artificial para fotografías.
Audiocousas
Non minto se vos digo que este WiTip con Amador Loureiro foi o episodio máis divertido que gravei ata agora.
Igual no seguinte episodio nos animamos a poñer música de fondo e incluír algunha destas música lo-fi que ten este xerador. Ten unha pinta espetacolare!
Academiña
Imos a facer 🔥🔥🔥 con esta nova: A descentralización da investigación e publicación científica. Paréceme unha cuestión para seguir de cerca, aínda que o autor ten unha visión, baixo o meu punto de vista, sesgada.
Alude - coma todos, nada novo - á medición do impacto non pola calidade do artigo, senón do prestixio da revista, xustificando así a posición dominante das editoriais. Non serei eu quen defenda o modelo, que teño bos cartos invertidos en publicar en revistas e outras editoriaias… pero se alguén propón un modelo mellor có actual, e que axude a cuantificar de forma obxectiva (e fácil e rápida) o valor dun paper per se, que o propoña.
Supoño que parte do sesgo do autor ven da súa excelente condición de divulgador, pero inexistente traballo de investigación… atendendo aos cánones de medición de méritos actuais.
E ollo, que esta cuestión da descentralización non é baladí. En España descargamos “de forma piratona” 4 millóns de papers ao ano con SciHub. So no último mes, 290.470
Mundo Apple
APP estou a probar Wipr para librarme dos tediosos anuncios de Youtube, refírome ao de “proba un mes gratis”, que os outros non me molestan. En safari vai bastante ben!
Caixón de-sastre
Volve TENTE. Para min (e supoño que moitísimos fillos dos 70 e 80 neste país) vivimos a Lego coma un extraño. Isto si que é retronostalxia
Probas para COVID mediante teléfono móbil? Agardo que saian mellor as cousas cá aplicación de rastrexo.
O CRO dunha web, un KPI a ter en conta.
Ciberdelincuentes poñéndolle probas incriminatorias a activistas. Tócate o c…..
BASIC, a linguaxe de programación creada por unha monxa (como titular clickbait era mellor có que se marcaron en Genbeta)