…iso foi o que Marquiños Monte de Azucre (Mark Zuckerberg) pensou cando a UE lle quixo tirar das orellas. Vaia lío teñen montado, que se marcho de Europa, que non, que eu no dixen nada diso pero que malas son as normativas europeas…
En síntese, á raíña do salvaxe oeste dixital (léase, internet norteamericano), parécelle mal que a Unión Europea teña unhas políticas “privacy first”. Pois a chorar, a Cangas. Igual cós da seguinte nova.
COCHE ELÉCTRICO. Que dicen en BMW que prohibir o motor de combustión actual e forzar dende o marco regulatorio o coche eléctrico sería un erro. Aquí está a patronal do negacionismo do cambio climático, os defensores do tabaco e os adalides da innovación. Que alguén lle ensine a dirección de Cangas.
EMPREGO. Esta canle de telegram de Marketing4Ecommerce con ofertas de emprego diarias é unha idea brillante. Vaia forma de arrancar o 2022!
AMAZON GO é un supermercado sen caixeiros, e obviamente con moito menos persoal facendo funcionar a tenda. No canto de levar o concepto tradicional de tenda á rede, o que fan é o contrario, levar a experiencia dixital ao mundo físico. Chegará a España nun prazo de un a dous anos. Creo que tardaremos en velo na periferia, e sinceramente, vaino ter difícil para competir con Mercadona e familia.
INTELIXENCIA ARTIFICIAL. Sobre algoritmos éticos, esta nova de El País é unha boa lectura. Parece unha publirreportaxe da empresa da que falan, pero é que o asunto que tratan é moi importante: os nesgos que introducimos ao crear algoritmos. Problema gordo, eh?
SUPERÚTILES
Unha web para atopar alternativas a software empregado por grandes empresas… pero de carácter aberto. Alternativas open-source para todas!
E outro sitio web para migrar playlist entre diferentes servizos de streaming. Empreguei algún servizo similar cando migrei de Spotify a Apple Music. Tunemymusic cumpre sobradamente o que promete.
MyPhysicsLab amosa visualmente como funciona a física. Útil para mozas e mozos en idade escolar que corren o risco de odiar as ciencias.
UDCientíficas é un portal web que funciona a modo de directorio de expertas. Unha idea brillante para axudar a visibilizar o talento feminino na Universidade (da Coruña). Se queres saber máis, tamé podes escoitar as
Audiocousas
que traio esta semana. Pois un novo podcast. O primeiro “Zona Wifi” que ten unha entrevista, a Teresa Piñeiro que é a mente pensante detrás de UDCientíficas. E xa vos adianto que haberá máis entrevistas.
Por certo, feliz Día da Radio.
Caixón de-sastre
Velaquí o grao de coñecemento máis absurdo - ou co que deixar boquiaberto á persoa coa que fales - a sombra pesa. Ten unha masa duns 0,00000004 kilogramos, e equivale ao peso dun grao de azucre.
Ala, ponte a pensar nisto mentras gozas do domingo. A descansar!