Vaia lección de vida nos aporta esta semana Charo Marcos, editora de Kloshletter, a mellor newsletter de información xeneralista diaria, e convidada a semana pasada na bonilista. Son cinco minutos de lectura ben invertidos.
Esta semana tamén foi intensiña, pero porque estou cun “sideproject” (fermoso palabro para falar d“as miñas cousas que nunca van a ningures pero que me fan ilusión) que me consume algún tempo que adicaba ao ocio (léase, entre outros, esta newsletter). Por iso hai menos lecturas. Vamos aló con algunhas interesantes!
CIBERPESISMO. Os tecnocatastrofistas (ou ciberpesimistas, na súa concepción tradicional) teñen máis motivos para botarnos en cara un “xa cho dixen” con este artigo, que relata a fenda dixital que está a vivir o sector tecnolóxico hindú, vivindo un reforzamento do seu sistema de castas. É curioso ver como pouco a pouco foi morrendo ese optimismo herdado dos pais fundadores de internet. Creo que debemos actuar e comezar a construír a internet do futuro, porque todo nos está a levar a camiños escuros.
Sobre adicción e novas tecnoloxías, este artigo “I Ditched My Smart Watch, and I Don’t Regret It” que relata a experiencia dalguén que recoñe a súa adicción ás métricas que xeraba o reloxo intelixente. Está ben aportar algo que sae da miña burbulla de confort, aínda que sigo a ser especialmente bondadoso coas vantaxes que aporta este tipo de trebellos.
“Sunsel Boulevard” ou Facebook. Por primeira vez perde usuarios. Pode ser algo puntual, pero tamén pode ser o síntoma visible da decrepitude da popular rede social. O desplome en bolsa, na miña opinión, anecdótico.
FAKE REVIEWS. Sobre o mercado de reseñas falsas nunca falara, pero é un tema que me interesa dende hai anos. Existen grupos organizados en Telegram e Facebook para xestionalo, e o tema está tan estendido que ata existen empresas que median e trafican con reseñas falsas de produtos. A “tiranía do rating” lévanos a isto.
PRODUTIVIDADE. Xa sabedes que uso Notion (pero non me acabo de acostumar), entre outras cousas porque teño un problema estrutural que supoño que compartiredes moitas e moitos: como estruturar os contidos que queres levar á plataforma. Neste sentido, adorei esta lectura, tanto polo concepto de "Marie Kondo” da barra lateral, como as cousas que propón. Entre elas, unha que xa utilizaba: a de empregar emojis. Fágoo en Google Drive (tamén nomeo cartafoles con números) e funcióname ben.
TECNO-XEOPOLÍTICA. Vaia concepto, va que si? Pois é o pegamento deste artigo sobre como se emprega a tecnoloxía na política no que xa semella unha guerra fría comercial. Para min o artigo ten un erro de base, que é presupoñer o músculo tecnolóxico dun país simplemente porque ten empresas adscritas a el. Seguimos mirando a USA coma o estandarte e non entendemos que China xa está nos papou a todos.
NFT’s. Non consigo comprender esta tecnoloxía, pero é unha cuestión dos meus marcos mentais (algo enferruxados), Ademáis da newsletter de Isaac, a forma na que abordaron o tema dende MindTricks despeza moi ben o asunto.
Cousas da publicidade
Non teño claro que vaia a funcionar a proposta de regularizar as fórmulas publicitarias dos streamers. Queren equiparalas á televisión. E entendo os planteamentos, atendendo ao caracter masivo dos grandes streamers, e comparto a definición de “agentes audiovisuales profesionalizados” (esta peza de La Razón aborda máis aspectos), pero non teño claro que deban ser as mesmas regras de xogo cás televisións. Aquí non hai licenzas de emisión, e os formatos publicitarios son diferentes. Creo que precisamos un debate máis calmado e argumentado sobre este asunto.
Audio cousas
Teño ganas de probar - e case de implementar como unha práctica de clase- este manual sobre como crear unha skill de Alexa
Mundo Apple
Xa probei a beta de “universal control”, esa funcionalidade que prometía controlar macs e ipads dende un único rato e teclado. Es-pec-ta-cu-lar, en serio, e iso que é unha versión beta. Recoñeceume dende o minuto cero o teclado e o trackpad do mac no ipad. recoñeceu támen os ratos, tanto o que uso no mac coma o que uso no ipad. Se ata podo subir e baixar volume do ipad dende o teclado do mac.
hai cousas que aínda non funcionan, como as maiúsculas (en xeral, as combinacións de teclas), pero vaia, isto é unha killer feature en toda regra. Agora si que ten sentido non so un ipad de 13 polgadas, senón un ipad de 15 como monitor externo. Xunto con sidecar, os mellores desenvolvementos feitos no mundo mac en moitos anos.
Esta recompilación de aplicacións para mac, a meirande parte gratuítas, é un bo sitio para buscar cando precises unha funcionalidade concreta.
Caixón de-sastre
Buf, o testemuño desta persoa que se infiltrou en grupos dixitais de extremistas. Cóntao no seu libro “La cultura del odio”, xa so a entrevista dan ganas de vomitar. E aínda así, quero ler o libro.
Esta guía para atacar os “pensamentos rumiantes” (ruxe-ruxes?). Gardeina para aplicar nalgún momento.
Esta semana quero remtar cunha boa nova. Ou, cando menos, esperanzadora. Esta proposta de folla sintética para absorber CO2 e loitar contra o cambio climático. Barata, escalable e cunha taxa de captura de CO2 cen veces máis alta que outras tecnoloxías. Ogallá se faga pronto realidade.
E agora, feliz domingo. Abraza a quen teñas ao teu carón agora mesmo. Sae á rúa. Toma un café e intenta identificar todos os sons que tes ao teu redor.