…e así é como están as cousas pola túa plataforma de streaming de música favorita.
SPOTIFY E AS SÚAS MOVIDAS. Parece que lle están a medrar os problemas a Spotify, tanto na división de música como la división de podcasting.
Neil Young ameaza con retirar a súa música se seguen a darlle acubillo en spotify a un antivacinas. Pouca broma, ao tipo en cuestión, ou cuestionado, escóitano millóns de estadounidenses todos os días, e seica Spotify pagou arredor dos 100 millóns de dólares pola súa exclusividade. Xa lle retiraron varias ducias de programas, pero aí está. E algúns artistas como Neil Young xa se cansaron (sen xustificar a súa decisión. I love equidistancia).
Desde El Confidencial, outra lectura sobre o tema, abordando dende unha perspectiva máis ampla a cuestión, e por qué o interese de Spotify en converterse na “nova radio”.
FRONTEIRAS E ENFERMIDADES. Eu pensaba que non existían… ata que vin os mapas deste artigo de El País. O mapa do cancro na península ibérica deixa algunhas incógnitas, e cousas preocupantes para os habitantes do noroeste peninsular (a segunda metade dos mapas que presenta).
O DIXITAL E A PROPIEDADE INTELECTUAL. Interesante artigo sobre unha mala praxe cada vez máis común: cando un xogo de móbil acada o éxito, multiplícanse os clons. É un problema para as tendas de aplicaicións, máis aínda cando están en tela de xuizo (literal) polas altísimas comisións que cobran aos desenvolvedores (un 30% da facturación, habitualmente).
CORREO ELECTRÓNICO (APP). Esta semana descubrin esta aplicación de correo electrónico seguro, made in Alemaña, cun plan gratuíto e que permite envío de correos cifrados: Tutanota. Despois do escándalo de Protonmail, son benvidas alternativas.
PRODUTIVIDADE. Varios apuntes, esquemáticamente resumidos.
A regra dos 0 minutos: eliminar ou delegar
A regra dos 2 minutos: faino agora
A regra dos 5 minutos: vencer a procrastinación
A regra dos 25 minutos: traballo centrado
Mundo Apple
Publicouse a beta de Apple Universal Control, un servizo que promete controlar macs e ipads cun so teclado e rato. As primeiras probas (velaquí un vídeo) apuntan a unha “killer feature”. Dende logo, é o soño de moitos: controlar múltiples trebellos cun único trebello. Co moito que me gusta o teclado do ipad, estou tentado a instalar a beta!
Nunca está demais repasar como borrar as cookies, caché e historial dos navegadores.
Por certo, esta semana síntome moi orgulloso: abrin un rato que non funcionaba (levara un golpe), desmonteino, monteino outra vez e voltou a funcionar.
Tamén me propuxen experimentar con cousas máis “alternativas”. Chegou o momento de achegarme á terminal e ao mundo brew.
Caixón de-sastre
Este artigo, “La avalancha de confinamientos escolares pone contra las cuerdas a las familias: “Estamos desesperadas”” resume a frustración que sinto dende hai máis de quince días. É o terceiro fin de semana que o meu núcleo familiar pasa confinado (eu “libereime” hai catro días), e non teño outra palabra máis que frustración.
Resulta que a familia é un piar da sociedade, ou iso é co que se lles enche a boca a moitos, pero a familia non ten recoñecemento ningún. Debe ser coma as piruletas que lles dan aos nenos cando se portan ben. Polo menos as piruletas saben ben.
En fin. Que pasedes un bo domingo. Saíde de casa, se tedes ocasión. E coidádevos.