…porque o “blue monday” foi o pasado luns.
Vai unha newsletter máis contida porque foi unha semana moi complexa. Aquí onde está o router da Zona Wifi estamos todos coa covid. Coidádevos!
FENDA DE XÉNERO. Existe unha correlación entre a igualdade de xénero nun país e o número de xogadoras de xadrez. Inversamente proporcional. Concretamente, as mulleres participan con máis frecuencia en países con menos igualdade de xénero. Esta paradoxa tamén se apreza noutros aspectos, como o número de tituladas en carreiras científicas.
TECNOLOXÍA E TRANSPORTE. Un novo sistema de transporte por vías de tren, de forma autónoma, que permitiría optimizar o uso e redución a contaminación. Pinta ben, a verdade. Pero dubido que o vexamos por aquí en varias décadas…
TRUCOS E UTILIDADES. Os muros de pago para acceder a contidos son cada vez máis habituais. Se algún día atopas unha nova que non podes ler porque di que te tes que suscribir ou dar de alta nalgo, proba https://12ft.io e xa me dirás se podes ler o artigo ou non.
Audiocousas
Buscas unha alternativa a Audacity? Pois aquí está Oceanaudio. Francamente, non se me ocorre un motivo polo que non queiras usar Audacity (salvo a súa interfaz, pero niso tampouco é unha mellor OceanAudio.
Amador e máis eu sacamos un ratiño para comentar como nos vai a cousa. S03 E02 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "melóns e algoritmos"
Trebellos
Merquei este soporte para ipad e agora parece o fillo de Dr. Octopus. (tranquis, no hai ligazón de afiliados) e agora teño máis sitio no escritorio. Xa sabedes que estou en modo “decrecemento”. Vou a ir contado os trebelliños que teño por aí e despois ensinareivos o meu espazo de traballo.
Cousas da publicidade
Vaia historia sobre o submundo onlyfans. O testemuño dunha persoa traballando para unha axencia (Unruly) de influencers marketing…. xestionando contidos para OnlyFans. Xestionaban ata as mensaxes privadas de moitas modelos. O que ven sendo a figura do CM… pero so para os contidos de carácter sexual de OnlyFans
Caixón de-sastre
Unha das películas de animación revelación do 2021 foi “Los Mitchell contra las máquinas” ou “La Familia Mitchell vs. Las Máquinas”. Netflix acaba de publicar o libro de arte sobre a peli, e resulta tan delicioso coma o propio filme.
Aproveito a ocasión para felicitar a Sony Pictures polas pequenas xoias coas que nos ten deleitado os últimos anos: Spider-Man: Into the Spider-Verse, Kubo y las dos cuerdas mágicas (vale, aquí Sony era a distribuidora) ou Smallfoot. Son catro pezas de arte no mundo da animación que nada lle envexan a Pixar ou Disney. Sobre todo Kubo.
Feliz domingo!